27.1.13

Exposición Camiños no deseño - Pazo da Cultura - Pontevedra

Deseño e historia danse cita no Pazo da Cultuta de Pontevedra, onde se inaugurou o 22 de decembro a mostra Camiños no deseño. A Terra na orixe.

Trátase dunha exposición promovida pola Fundación Camiño Portugués de Santiago na que 
participan doce artistas e que está comisariada por Lola Dopico
directora da escola de moda de Pontevedra, Esdemga.

Sara Coleman, Eva Soto, Jessica García, Silvia García, Silvia Moure, Esther Lebrato, Sarai Fernández, Fernando Suárez, D-due Lab, Xabier Lorenzo, Mercedes García e Isabel Mastache son os protagonistas da exposición, que está aberta ata o 3 de febreiro.


Pódense atopar proxectos de deseño industrial, fotografía, moda e cerámica...
sendo o nexo común as raíces artesanais.


EVA SOTO.Colección Fráxil
Técnica de Origami en papel e materiais téxtis



FERNANDO SUÁREZ. Serie Paisaxes no diálogo
Fotografía dixital







SILVIA GARCÍA. Enrestrando o pasado
Silla, camisetas brancas trenzadas e fragmentos de pezas de Sargadelos sen cocer



SILVIA GARCÍA. Gardar a comida en braille
Prototipo en pasta cerámica. Debuxos, bocetos e reflexións. Vitrina



XABIER LORENZO. Espremedor de man. Porcelana.  
Espremedor de mesa. Porcelana e madeira.  
Recipientes para comer xeado. Porcelana. 
Obradoiro Internacional de Tendencias cerámicas, Sargadelos. Cervo 2010



SARAI FERNÁNDEZ MARQUÉS. 
Pezas de coiro, porcelana, madeira e raso de seda


SARAI FERNÁNDEZ MARQUÉS. Detalle peza


SARAI FERNÁNDEZ MARQUÉS. Detalle peza


Non tódolos artistas que participan na exposición foron alumnos de Esdemga, 
senón que moitos deles están vinculados a Pontevedra por ter traballado na cidade.


MERCEDES GARCÍA. Colección El Cascanueces
Chaqueta. Tecido de elaboración manual a partir da técnica de trenzado



MERCEDES GARCÍA. Colección El Cascanueces
Saia. Tecido elaborado manualmente a partir de patrones de punto de cruz con teselas de madeira



MERCEDES GARCÍA. Colección El Cascanueces
Pezas de xoiería en pasta porcelánica



D-DUE LAB. Intervención gráfica sobre zocas de Elena Ferro. 
Peza cerámica tradicional


D-DUE LAB. Colección Fall-Winter 2012-2013. 
Series: Herbalist, Montaña, Nautical



JESSICA GARCÍA. Tocados Kinder. Saia
En tecido tecnolóxico de paracaídas. 100 % seda, loneta de algodón e poliéster
 


JESSICA GARCÍA. Tocados Kinder
Pezas de madeira lacada e pasta porcelánica



ISABEL MASTACHE. Peliqueiro
Materiais téxtis, mantas de la, porcelana, madeira, aluminio e coiro





ISABEL MASTACHE. Detalle peza




 
SARA COLEMAN. Colección ancestra
Fibras naturais de yute, esparto, abacá, de xunco e materiais téxtis / 
Botelleiro e casco en colaboración coa artesá Idoia Cuesta




SARA COLEMAN. Detalle peza




Son pezas realizadas nos últimos cinco anos, amosando algúns proxectos que son de deseño e experimentación, reflexionando a partir da tradición, tanto polos materiais como polas técnicas.





SILVIA MOURE. Y Bourgeoise
Materiais téxtis e porcelana



ESTHER LEBRATO. Fotografía da serie El Coleccionista


ESTHER LEBRATO. Serie El Coleccionista.  
Chapeus elaborados en pasta de papel cerámica






ESTHER LEBRATO. Detalle pezas








EVA SOTO. Colección Fráxil
Cerámica e chocolate



 EVA SOTO. Colección Fráxil
Serigrafías en chocolate



A mostra pódese visitar de martes a venres de 17 a 21 horas. 
Os sábados de 11 a 14 e de 17 a 21 horas e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.

Remata o próximo domingo 3 de febreiro.

Aproveitade para ir a visitala. Estas marabillas non se ven tódolos días!

Pasade un bo domingo!