12.10.13

Horta do Leste - Presentación e Xornada de dinamización 1

A presentación da Horta do Leste no parque frente centro social  da Asociación Veciñal Manuel Quiroga-Pedra do Lagarto foi todo un éxito.

Houbo distintas actividades:
- Plantación da planta entregada na campaña promocional do venres anterior na que os veciños participantes comprometéronse en facerse cargo de parte da plantación e asistir ás xornadas de dinamización e formación
- Concerto de Rodrigo Valiente (veciño do barrio)
- Breve interrupción para a presentación da iniciativa a cargo da concelleira ós veciños, e presentación do monitor e do equipo dinamizador, entre os que se encontran Portal 48 e Producciones Mutantes
- Xornada de dinamización 1: A cargo de Ventos estudos ambientais
  Presentación e conceptos básicos
  Plantación e sementeira de cultivos propios da época
- Invitación ós veciños a unha cunca de caldo de verduras e bica no Centro social Zona Leste

A segunda xornada de dinamización será o 15 de novembro.
Estades todos convidados!


11.10.13

Horta do Leste


Hoxe venres 11 de outubro ás 17h comeza a Horta do Leste en Pontevedra.
Dende a Asociación Veciñal Manuel Quiroga-Pedra do Lagarto e como colaboradores, desta boa iniciativa do Concello, con éxito noutros barrios da cidade, queren presentarvos as actividades que se faran o redor desta iniciativa Horta do Leste.

Producciones Mutantes e Portal 48 colaboran tamén na organización deste evento.

Para estrear esta iniciativa hoxe haberá festa, estades todos convidados, o programa será o seguinte:

17:00 hrs – Plantación de cultivos propios da época
17:30 hrs – Comeza o concerto de Rodrigo Valiente
18:30 a 20:30 hrs – Xornada de dinamización a cargo de Ventos estudos ambientais
20:30 hrs - Convite a unha cunca de caldo no Centro Social Zona Leste


As actividades faranse EIQUI

+ info:
web
facebook

Dirección:
CENTRO LESTE
Rúa Zanfona
En fronte ao Colexio Sagrado Corazón
 
Pontevedra 36004

6.10.13

FAIPONTING - SEGUNDA EDICIÓN


Hoxe domingo 6 de outubro celébrase na Illa das Esculturas a segunda edición de Faiponting.
Un picnic acompañado de espectáculos e actividades que se desenvolverán entre o illote e o Pazo da Cultura, con acceso libre.

Música e danza tomarán estes espazos, con multitude de actuacións e performances entre as 11h e as 20h: talleres de baile, de construcción de instrumentos, o espectáculo familiar Na punta do pé, flamenco, rock&roll... para todos os gustos. E falando de gustos, para aqueles que acudan sen comida, poderán encontrala nos postos que se instalarán na zona.

As actividades  serán para toda a familia, incluíndo as nosas queridas mascotas: elas terán o seu protagonismo co Concerto para cans con músicos da Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, e serán retratados cos seus donos grazas aos alumnos de banda deseñada do Garaxe Hermético.

A iniciativa repítese tras o éxito alcanzado o pasado mes de xuño, engadindo unha serie de novidades para que as que era necesaria a previa inscrición ao longo da semana. Trátase dunha ruta guiada pola illa e o Pazo da Cultura (non fai falta que vos anotásedes, podedes ir igualmente), unha gymkana familiar na Illa do Covo, e unha actividade dedicada á observación da natureza e en especial dos paxaros ao coincidir coa celebración do Día das Aves. 

Máis info aquí.

Aquí déixovos algunhas das imáxenes que tomei na primeira edición.