6.10.13

FAIPONTING - SEGUNDA EDICIÓN


Hoxe domingo 6 de outubro celébrase na Illa das Esculturas a segunda edición de Faiponting.
Un picnic acompañado de espectáculos e actividades que se desenvolverán entre o illote e o Pazo da Cultura, con acceso libre.

Música e danza tomarán estes espazos, con multitude de actuacións e performances entre as 11h e as 20h: talleres de baile, de construcción de instrumentos, o espectáculo familiar Na punta do pé, flamenco, rock&roll... para todos os gustos. E falando de gustos, para aqueles que acudan sen comida, poderán encontrala nos postos que se instalarán na zona.

As actividades  serán para toda a familia, incluíndo as nosas queridas mascotas: elas terán o seu protagonismo co Concerto para cans con músicos da Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, e serán retratados cos seus donos grazas aos alumnos de banda deseñada do Garaxe Hermético.

A iniciativa repítese tras o éxito alcanzado o pasado mes de xuño, engadindo unha serie de novidades para que as que era necesaria a previa inscrición ao longo da semana. Trátase dunha ruta guiada pola illa e o Pazo da Cultura (non fai falta que vos anotásedes, podedes ir igualmente), unha gymkana familiar na Illa do Covo, e unha actividade dedicada á observación da natureza e en especial dos paxaros ao coincidir coa celebración do Día das Aves. 

Máis info aquí.

Aquí déixovos algunhas das imáxenes que tomei na primeira edición.