26.1.13

Conferencia sobre a Renda Básica - Local social do Gorgullón - Pontevedra




Este venres 25 de xaneiro o Colectivo-Encontro Marea Laranxa presentou o libro "Repartindo a nosa riqueza", que expón os resultados do estudo de viabilidade da renda básica en Galiza.
“A Renda básica, é o dereito que ten cada persoa de percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais”




Interviron dous técnicos que participaron no estudo, Manolo Sainz, traballador social, e José Iglesias, economista, ambos pertencen a Baladre, Coordinadora Estatal de Loita contra o Paro, a Pobreza e a Exclusión Social e  que veñen desenvolvendo a súa labor social en Vigo en no resto do estado, dende hai anos.


 

Coa presentación deste libro, o colectivo encontro, colabora coa Semana Galega da Renda Básica, e contribúe a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta a hora de dar resposta á precarización que afoga a cada vez máis persoas – segundo os últimos datos do IGE, ao remate do 2012- seis de cada dez fogares galegos recoñecían a enorme dificultade que supón chegar a fin de mes.

Os dous eixos principais deste debate teñen dous grupos sociais cos que a crise se está ensañando, a maiores das persoas empobrecidas xa antes da crise, son a mocidade e as mulleres;  no primeiro caso, obrigando a centos de mozos e moza a emigrar,  esta altura, xa son 70 o número de mozas e mozos galegos que cada día parten a buscarse a vida noutro lado, coa conseguinte sangría demográfica e social que supón tal exilio económico forzoso.

Para as mulleres, a crise supón unha volta atrás en dereitos conseguidos, tanto no que respecta a dereitos sanitarios, como laborais sendo as primeiras expulsadas do mercado laboral, condenadas novamente ás tarefas domésticas e ao ámbito privado, por iso esta iniciativa tece redes cos grupos feministas cos que crear alternativas á debacle social, económica e cultural a que estamos asistindo.

 


O local social de Gorgullón (Rúa da Curtidoría) foi a sorpresa do día para min.

Está xestionado de forma compartida pola Asociación Veciñal Eduardo Pondal e o Concello de Pontevedra. Este último axuda a estimular e promover a programación do Centro Social destinando actividades relacionadas co departamento de Muller, Servizos Sociais e Xuventude, atendendo a unha demanda histórica da Asociación tras quedar sen Local Social situado nos terreos da Estación.
Pola súa banda, a Ascociación de Veciños Eduardo Pondal é a encargada do mantemento do local, sostén unha ludoteca, unha biblioteca doada polos socios, sala de lectura, zona wifi e diversas estancias para o encontro dos veciños.

Impulsando dende hai máis de 20 anos a integración da zona sur no ámbito xeográfico, social e cultural de Pontevedra é, na actualidade a Asociación Veciñal con maior número de socios de toda a cidade.

P.D.: Hoxe sábado 26 ás 11:00 é a Xornada sobre aforro anerxético no fogar.

 Trababallar no local e en comunidade é a única maneira que temos para saír adiante. 
Hoxe tiven un bo exemplo con todo isto, tanto a conferencia, coma coñecer ao Colectivo Encontro Benestar Social e o propio Centro Social de Gorgullón.

Creo que iste é o comezo dunha bonita historia.


+++ info +++