Este
venres 25 de xaneiro o Colectivo-Encontro Marea Laranxa presentou o
libro "Repartindo a nosa riqueza", que expón os resultados do estudo de
viabilidade da renda básica en Galiza.
“A Renda básica, é o dereito que ten cada persoa de percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais”
Interviron dous técnicos que participaron no estudo, Manolo Sainz,
traballador social, e José Iglesias, economista, ambos pertencen a Baladre,
Coordinadora Estatal de Loita contra o Paro, a Pobreza e a Exclusión
Social e que veñen desenvolvendo a súa labor social en Vigo en no resto
do estado, dende hai anos.
Coa presentación deste libro, o colectivo encontro, colabora coa Semana
Galega da Renda Básica, e contribúe a xerar debate sobre a utilidade
desta ferramenta a hora de dar resposta á precarización que afoga a cada
vez máis persoas – segundo os últimos datos do IGE, ao remate do 2012-
seis de cada dez fogares galegos recoñecían a enorme dificultade que
supón chegar a fin de mes.
Os dous eixos principais deste debate teñen dous grupos sociais cos
que a crise se está ensañando, a maiores das persoas empobrecidas xa
antes da crise, son a mocidade e as mulleres; no primeiro caso,
obrigando a centos de mozos e moza a emigrar, esta altura, xa son 70 o
número de mozas e mozos galegos que cada día parten a buscarse a vida
noutro lado, coa conseguinte sangría demográfica e social que supón tal
exilio económico forzoso.
Para as mulleres, a crise supón unha volta atrás en dereitos
conseguidos, tanto no que respecta a dereitos sanitarios, como laborais
sendo as primeiras expulsadas do mercado laboral, condenadas novamente
ás tarefas domésticas e ao ámbito privado, por iso esta iniciativa tece
redes cos grupos feministas cos que crear alternativas á debacle social,
económica e cultural a que estamos asistindo.
O local social de Gorgullón (Rúa da Curtidoría) foi a sorpresa do día para min.
Está xestionado de forma compartida pola Asociación Veciñal Eduardo Pondal e o Concello de Pontevedra. Este último axuda a estimular e promover a programación do Centro Social destinando actividades relacionadas co departamento de Muller, Servizos Sociais e Xuventude, atendendo a unha demanda histórica da Asociación tras quedar sen Local Social situado nos terreos da Estación.
Pola súa banda, a Ascociación de Veciños Eduardo Pondal é a encargada do mantemento do local, sostén unha ludoteca, unha biblioteca doada polos socios, sala de lectura, zona wifi e diversas estancias para o encontro dos veciños.
Impulsando dende hai máis de 20 anos a integración da zona sur no ámbito xeográfico, social e cultural de Pontevedra é, na actualidade a Asociación Veciñal con maior número de socios de toda a cidade.
P.D.: Hoxe sábado 26 ás 11:00 é a Xornada sobre aforro anerxético no fogar.
Trababallar no local e en comunidade é a única maneira que temos para saír adiante.
Hoxe tiven un bo exemplo con todo isto, tanto a conferencia, coma coñecer ao Colectivo Encontro Benestar Social e o propio Centro Social de Gorgullón.
Creo que iste é o comezo dunha bonita historia.
+++ info +++