A presentación da Horta do Leste no parque frente centro social da Asociación Veciñal Manuel Quiroga-Pedra do Lagarto foi todo un éxito.
Houbo distintas actividades:
- Plantación da planta entregada na campaña promocional do venres anterior na que os veciños participantes comprometéronse en facerse cargo de parte da plantación e asistir ás xornadas de dinamización e formación
- Concerto de Rodrigo Valiente (veciño do barrio)
- Breve interrupción para a presentación da iniciativa a cargo da concelleira ós veciños, e presentación do monitor e do equipo dinamizador, entre os que se encontran Portal 48 e Producciones Mutantes
- Xornada de dinamización 1: A cargo de Ventos estudos ambientais
Presentación e conceptos básicos
Plantación e sementeira de cultivos propios da época
- Invitación ós veciños a unha cunca de caldo de verduras e bica no Centro social Zona Leste
A segunda xornada de dinamización será o 15 de novembro.
Estades todos convidados!
***
12.10.13
11.10.13
Horta do Leste
Hoxe venres 11 de outubro ás 17h comeza a Horta do Leste en Pontevedra.
Dende a Asociación Veciñal Manuel Quiroga-Pedra do Lagarto e como colaboradores,
desta boa iniciativa do Concello, con éxito noutros barrios da cidade,
queren presentarvos as actividades que se faran o redor desta
iniciativa Horta do Leste.
Producciones Mutantes e Portal 48 colaboran tamén na organización deste evento.
Producciones Mutantes e Portal 48 colaboran tamén na organización deste evento.
Para estrear esta iniciativa hoxe haberá festa, estades todos convidados, o programa será o seguinte:
17:00 hrs – Plantación de cultivos propios da época
17:30 hrs – Comeza o concerto de Rodrigo Valiente
18:30 a 20:30 hrs – Xornada de dinamización a cargo de Ventos estudos ambientais
20:30 hrs - Convite a unha cunca de caldo no Centro Social Zona Leste
As actividades faranse EIQUI
+ info:
web
Dirección:
CENTRO LESTE Rúa Zanfona
En fronte ao Colexio Sagrado Corazón Pontevedra 36004
6.10.13
FAIPONTING - SEGUNDA EDICIÓN
Hoxe domingo 6 de outubro celébrase na Illa das Esculturas a segunda edición de Faiponting.
Un picnic acompañado de espectáculos e actividades que se desenvolverán entre o illote e o Pazo da Cultura, con acceso libre.
Música e danza tomarán estes espazos, con multitude de actuacións e performances entre as 11h e as 20h: talleres de baile, de construcción de instrumentos, o espectáculo familiar Na punta do pé, flamenco, rock&roll... para todos os gustos. E falando de gustos, para aqueles que acudan sen comida, poderán encontrala nos postos que se instalarán na zona.
As actividades serán para toda a familia, incluíndo as nosas queridas mascotas: elas terán o seu protagonismo co Concerto para cans con músicos da Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, e serán retratados cos seus donos grazas aos alumnos de banda deseñada do Garaxe Hermético.
A iniciativa repítese tras o éxito alcanzado o pasado mes de xuño, engadindo unha serie de novidades para que as que era necesaria a previa inscrición ao longo da semana. Trátase dunha ruta guiada pola illa e o Pazo da Cultura (non fai falta que vos anotásedes, podedes ir igualmente), unha gymkana familiar na Illa do Covo, e unha actividade dedicada á observación da natureza e en especial dos paxaros ao coincidir coa celebración do Día das Aves.
Máis info aquí.
Aquí déixovos algunhas das imáxenes que tomei na primeira edición.
Subscribe to:
Posts (Atom)